'Skaters', 'Bikers' e 'Scooters' toman Marín

Marín
05 de maio 2014

'Skaters', 'bikers', 'scooters' e 'rollers' déronse cita este domingo en Marín. Chegados dende toda a provincia, participaron no I Festival de Exhibición Pro-Riders organizado con motivo das festas de Cantodarea

I Festival de Exhibición Pro-Riders de Marin
I Festival de Exhibición Pro-Riders de Marin /

'Skaters', 'bikers', 'scooters' e 'rollers' déronse cita este domingo en Marín. Chegados dende toda a provincia, participaron no I Festival de Exhibición Pro-Riders organizado con motivo das festas de Cantodarea.

A exhibicion prolongouse durante catro horas, entre as 17.00 e as 21.00 horas aproximadamente, no Parque Azul da man da asociación cultural e deportiva 'Marín pro riders', un colectivo de ámbito local creado co fin de promover e favorecer a práctica dos coñecidos como deportes urbanos.

A cita contou con grande asistencia de público e afeccionados aos deportes sobre dúas rodas e ofreceu exhibicións de skate, inline, scooter e bmx, un concurso de salto de altura con bikes e xogos para nenos. Entre os asistentes puido verse, entre outros, o futbolista do Celta de Vigo Hugo Mallo.