As celebracións litúrxicas foron este domingo de primavera os únicos actos da festividade de San Bieito de inverno que cada 21 de marzo celébrase no Mosteiro de Lérez.
Como adiantara a Comunidade Parroquial do Divino Salvador de Lérez, os actos reducíronse para adaptarse ás restricións. Así, no exterior do templo non houbo romaría nin procesión e tampouco se permitiu a instalación de postos de venda.
Ademais conforme á normativa da Xunta, non se utilizou a megafonía aínda que tampouco fixo falta pois o aforo do templo non chegou a completarse a pesar de estar reducido ao 33%, o que permitía a entrada de 60 persoas sentadas.
Os fieis que acudiron se puideron recoller o famoso aceite "milagreiro".
Programáronse misas cada hora entre as 9 e as 12 do mediodía, e entre as 17 e 20 horas, sendo desinfectados os bancos despois de cada celebración.