Os socorristas toman as súas posicións nas praias de Marín

Marín
16 de xuño 2025
Actualizado: 17:15

Haberá nas praias catorce socorristas, repartidos por Mogor, Portocelo, Aguete, Loira e a praia do Santo, segundo as necesidades. O seu horario será de luns a domingo, de 12:00 a 20:00 horas

Acto de benvida aos socorristas de Marín
Acto de benvida aos socorristas de Marín / Concello de Marín

As praias de Marín xa teñen aos seus socorristas. Os areais recibiron este luns, coincidiendo co inicio oficial da tempada estival, as personas que traballarán para garantir a seguridade dos bañistas.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, achegouse ata a praia de Mogor para darlle a benvida ao persoal de salvamento que formará parte do plantel durante todo o verán.

Este servizo está contratado para os próximos anos a través dunha licitación que se impulsou o pasado ano.

A empresa adxudicataria pon nas praias a catorce socorristas repartidos por Mogor, Portocelo, Aguete, Loira e a praia do Santo, segundo as necesidades de cada unha.

Serán trece auxiliares de información e primeiros auxilios e unha persoa coordinadora.

O seu horario será de luns a domingo, de 12:00 a 20:00 horas, repartidos en quendas.

Ademais, Acuña adiantou que este ano se duplicou o número de desbriladores, o que garante aínda máis a seguridade nas praias.

En total, a concelleira lembrou que neste servizo invístense 725.437 euros.