O sol tamén traballa no porto de Marín

Marín
26 de setembro 2025

A Autoridade Portuaria sacou a licitación a instalación dun sistema de autoconsumo fotovoltaico na cuberta da lonxa

Lonja del Puerto de Marín
Lonja del Puerto de Marín / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra pon en marcha un novo proxecto de autoconsumo enerxético que fará que a lonxa e os peiraos pesqueiros brillen con enerxía propia.

Nesa aposta por un futuro máis sostible, a Autoridade Portuaria ven de sacar a licitación a instalación dun sistema de autoconsumo fotovoltaico na cuberta da lonxa.

A actuación pretente mellorar a eficiencia enerxética das instalacións pesqueiras.

Cun investimento próximo aos 900.000 euros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, esta iniciativa busca aproveitar a enerxía solar para cubrir parte das necesidades eléctricas do porto.

O obxectivo é reducir o consumo enerxético convencional, baixar as emisións contaminantes e avanzar cara a un modelo máis respectuoso co medio ambiente.

Este proxecto súmase a outras melloras recentes no sector pesqueiro, como a renovación dos alicerces articulados ou a nova cuberta da lonxa.

Este tres melloras tamén foron financiadas con fondos europeos.

A entidade que preside José Benito Suárez Costa enmarca esta iniciativa no compromiso do porto coa innovación e a sustentabilidade nas súas instalacións.