'Os Solfamidas' repiten en Marín o premio á mellor comparsa logrado en Pontevedra

Marín
02 de marzo 2025
Actualizado: 03 de marzo

Na categoría de grupos, o primeiro premio foi para 'A Pandilla'. En parellas, gañaron 'Los más cafeteros'. En disfraces individuais, gañou 'Estudio fotográfico'

Desfile adulto de Entroido 2025 de Marín Cristina Saiz

Comparsas, disfraces e carrozas tomaron este domingo o centro de Marín nun multitudinario desfile de adultos, unha das citas máis participativas do Entroido no vila.

O xurado tivo moi complicado elixir os gañadores e finalmene, cando se entregaron os premios no parque Eguren, puido saberse que repiten os mesmos que gañaran xa o sábado en Pontevedra. 'Os Solfamidas' levaron o primeiro premio na categoría con máis participación, a de comparsas, dotada con 1.300 euros. 

En comparsas, o segundo premio foi para outra tamén premiada en Pontevedra, 'Os 100 Tolos' (1.000 euros) e tamén resultaron premiados: 'As Sonecas' (terceiros, 700 euros), 'Miúdos' (cuartos, 600), 'Os Retrincos' (quintos, 500), 'Os Canecos' (sexto lugar, 400), 'Las Flores del Carnaval' (sétimo lugar, 300) e 'Alegria de Bora' (oitavo lugar, 200).

Na categoría de grupos, o primeiro premio foi para 'A Pandilla', que leva 900 euros; e o segundo, dotado con 800 euros, para a Asociación Cultural e Deportiva Galo Bruxo de Samieira

Tamén resultaron premiados: 'Asociación Cultural Cor Café' (terceiros, 700 euros), 'Galácticos na rúa' (cuartos, 600), 'Toxiñas' (quintos, 500), 'Dando a nota' (sexto lugar, 400), 'Os Remolóns' (sétimo lugar, 300), 'Os Pintamonas' (oitavo lugar, 200), 'Tinta Femia' (noveno lugar, 150) e 'Nin tanto nin tan pouco' (décimo lugar, 100).

En canto aos premios aos disfraces en parellas, o primeiro foi para 'Los más cafeteros', que gañaron 250 euros. O segundos foron 'Criaturas do Entroido' (150 euros) e os terceiros, 'Superligoteo' (125).

Na categoría de disfraces individuais, o primeiro premio foi para 'Estudio fotográfico', que gañaron 150 euros. O segundos foron 'Furbys' (100 euros) e os terceiros, 'El aviador del Principito' (75).

O Entroido de Marín continúa este luns 3 de marzo, co Velorio do Enterro da Sardiña  no Concello, a Festa do Merengue na Lameiriña e unha festa infantil animada por Dolce Vita. Ademais, o Museo celebrará unha tarde de Ludoxornadas.

O martes, 4 de marzo, o primeiro Torneo de Chave Enterro da Sardiña terá lugar nos Campos de Petanca Municipais, e o Ateneo acollerá a Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas.

5 de marzo, Mércores de Cinza, o Enterro da Sardiña será o acto central, co tradicional velorio no Palco da Música e a saída do cortejo, que percorrerá as rúas da vila ata a Praza do Reloxo, onde se despedirá cun pregón.

O sábado 8 de marzo, a parroquia de Seixo celebrará o seu propio desfile de Entroido, cunha homenaxe á Burra Chirica e unha animada sesión de música e baile.

23 de marzo, o Desfile de Entroido de San Xulián, organizado pola Comparsa Os da Caña, pechará as festas.