Solicitan o arranxo do firme do Camiño San Jorge

Marín
12 de outubro 2021

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, deu traslado ao Goberno local das queixas veciñais de Cividanes polo estado no que se atopa esta estrada que é utilizada pola veciñanza do lugar a diario para acceder ás súas vivendas e está totalmente chea de baches

Camiño San Jorge, en Cividanes
Camiño San Jorge, en Cividanes / BNG de Marín

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, deu traslado ao Goberno local das queixas veciñais de Cividanes polo estado no que se atopa esta estrada que é utilizada pola veciñanza do lugar a diario para acceder ás súas vivendas e está totalmente chea de baches.

Non é a primeira vez que o Bloque recolle esta demanda, xa no pasado mes de xullo, Lucía Santos instou ao Concello de Marín a levar a cabo actuacións urxentes para arranxar o estado de deterioro no que se atopa o muro de sostemento do camiño de Cividanes que presenta un grave perigo de derrube, e o arranxo do Camiño San Jorge, cheo de fochancas e sen canalización de augas pluviais, polo que cando chove o acceso ás vivendas queda totalmente anegado.

Ante esta reclamación, o concelleiro delegado de urbanismo, Manuel Santos, recoñeceu que o proxecto non foi executado por non ser unha obra segura para as vivendas próximas ao muro, polo que o goberno municipal ten que elaborar un novo proxecto de mellora para o lugar.

É por isto, que a portavoz do BNG pediu "a maior celeridade no novo proxecto polo ben da veciñanza que leva moito tempo esperando por unhas melloras de urxencia para a súa seguridade".