Solicitan un parque canino en Sanxenxo

Sanxenxo
28 de agosto 2018

Somos EnMarea Sanxenxo presentou este martes unha instancia no concello solicitando que se leve a cabo o parque canino xa aprobado en pleno

Casa de Cultura de Adina, en Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Somos EnMarea Sanxenxo presentou este martes unha instancia no concello solicitando que se leve a cabo o parque canino xa aprobado en pleno.

Esta formación asegura que para este proxecto o Concello de Sanxenxo dispón dos pertinentes recursos financieiros desde o 21 de setembro do 2.016, data na que aparece publicada a subvención solicitada pola anterior concelleira de medio ambiente e concedida pola Deputación para o acondicionamento dun parque canino en Baltar, por un montante total de 20.296,67 euros.

Desde o cambio de goberno, a ubicación do parque foi cambiada varias veces, quedando finalmente aprobada a súa execución nas inmediacións da Casa de Cultura de Adina, polo que foi necesaria ampliar o uso da parcela na que se ía habilitar, cambio de uso que foi aprobado no pleno do 26 de abril de 2.018.

Somos EnMarea lembra que a subvención do Plan Concellos 2.016 da Deputación ten un prazo de xustificación das obras, que remata o 31 de decembro deste ano.

O sábado pasado levouse a cabo, por parte da veciñanza unha manifestación, durante a cal, ademáis de solicitar un parque canino en Punta Vicaño tamén se apuntou o requerimento de praias caninas. 

Engaden tamén a necesidade dun refuxio felino.