Sorpresa en Pontevedra ao asistir os Vengadores á estrea da súa película

Pontevedra
26 de abril 2019

Este xoves foi a estrea nos cinemas de Pontevedra da última película de "Os Vengadores". Desde facía semanas que as entradas estaban esgotadas ante a avalancha de fans desexosos de ver esta película que está chamada a ser a de máis éxito comercial da historia do cinema

Un grupo de Vengadores no cine en Pontevedra
Un grupo de Vengadores no cine en Pontevedra / Marcos Blanco

Este xoves foi a estrea nos cinemas de Pontevedra da última película de "Os Vengadores". Desde facía semanas que as entradas estaban esgotadas ante a avalancha de fans desexosos de ver esta película que está chamada a ser a de máis éxito comercial da historia do cinema. 

Na Boa Vila os espectadores sorprendéronse ao atopar entre o público a un grupo de Vengadores que chamaron a atención de todos os asistentes.

Iron Man, Thor, Capitán América, Spiderman, Black Panther ou mesmo Ant Man, fixeron presenza nas instalacións de Vialia.

Á saída das salas o público coincidiu, case por unanimidade, en que esta película é a mellor da longa serie de Marvel ao longo dunha década.