Bailando 'coma toliños'. Así entraron no Nadal os veciños e veciñas de Soutomaior.
A Alameda Tallo Río, en Arcade, acolleu este sábado o acto de aceso da iluminación do Nadal no municipio, e fíxoo cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
A popular formación musical infantil, que convida a bailar os pequenos e pequenas como 'toliños', protagonizou o espectáculo central da xornada, chegando a paralo para pulsar o botón vermello de aceso das luces.
A xornada empezara xa un pouco antes cun mercado das do IES Soutomaior, do CEIP Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio.
No acto de aceso participaron, ademais do alcalde Manu Lorenzo e as concelleiras Rosana Comesaña e Rosana Martínez Boullosa, representantes da Asociación En Positivo, sendo Laura Boullosa a encargada de dar luz ao Nadal.

Tras o concerto as actividades continuaron na Alameda de Talo Río cun karaoke e unha chocolatada.
Unha xornada que fai honra á lema municipal escollido para as festas, 'Un Nadal para Vivir en Soutomaior'.