Soutomaior dá a benvida ao Nadal ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona

Soutomaior
08 de decembro 2024

A Alameda Tallo Río, en Arcade, acolleu este sábado o acto de aceso da iluminación do Nadal de Soutomaior, no medio dun concerto da banda infantil

Acendido da iluminación do Nadal en Soutomaior Concello de Soutomaior

Bailando 'coma toliños'. Así entraron no Nadal os veciños e veciñas de Soutomaior.

A Alameda Tallo Río, en Arcade, acolleu este sábado o acto de aceso da iluminación do Nadal no municipio, e fíxoo cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

A popular formación musical infantil, que convida a bailar os pequenos e pequenas como 'toliños', protagonizou o espectáculo central da xornada, chegando a paralo para pulsar o botón vermello de aceso das luces.

A xornada empezara xa un pouco antes cun mercado das do IES Soutomaior, do CEIP Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio.

No acto de aceso participaron, ademais do alcalde Manu Lorenzo e as concelleiras Rosana Comesaña e Rosana Martínez Boullosa, representantes da Asociación En Positivo, sendo Laura Boullosa a encargada de dar luz ao Nadal.

Luces de Nadal en Soutomaior Concello de Soutomaior

Tras o concerto as actividades continuaron na Alameda de Talo Río cun karaoke e unha chocolatada.

Unha xornada que fai honra á lema municipal escollido para as festas, 'Un Nadal para Vivir en Soutomaior'.