O goberno local de Soutomaior levou, e aprobou, ao pleno municipal unha proposta para pedir dúas transferencias de estradas á Xunta de Galicia.
A principal delas é a PO- 264, vial que atravesa o núcleo urbano de Arcade convertido na Avenida Xosé Solla, e que segundo o alcalde Manu Lourenzo "atópase nun estado inasumible, o nivel de deterioro non se pode aguantar máis, trátase dunha estrada que non se arranxa dende hai lustros, cun firme lamentable e onde a Xunta realiza ningún topo de investimento".
Lourenzo revelou un encontro coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, onde asegura que se lles dixo que "esta estrada non era unha prioridade para a Xunta de Galicia e na que non se van a realizar investimentos".
"Pedimos un trato igualitario, estas transferencias que nós solicitamos estanse levando a cabo en concellos da contorna onde Goberna o PP", asegura o alcalde.
O segundo viario incluído na petición é a PO-244, unha estrada que sobre todo no acceso á ponte colgante "está abandonada por parte da Xunta" a pesar de levar a un dos lugares máis visitados do municipio.
O PP de Soutomaior abstívose nas votacións desenvolvidas no pleno municipal.