Sprint final na vendima de Rías Baixas

O Salnés
01 de outubro 2016

Este fin de semana apúrase a vendima nas últimas parras da Denominación de Orixe Rías Baixas nas que aínda non se recolleu a uva. Basicamente son os acios correspondentes aos tintos e ás elaboracións especiais. Coa comarca do Salnés convertida nun gran lagar, os viticultores xa soñan con que a gran produción e a maior calidade do froito dean un empuxón ao prezo da uva

Vendima en Rías Baixas
Vendima en Rías Baixas / Juan Mejuto

Esta fin de semana apúrase a vendima nas últimas parras da Denominación de Orixe Rías Baixas nas que aínda non se recolleu a uva. Basicamente son os acios correspondentes aos tintos e ás elaboracións especiais.

O Consello Regulador aínda non facilitou o dato oficial pero as principais cooperativas vitivinículas aseguran que se superaron as previsións que falaban dunha diminución na produción dun 20% e con máis de 30 millóns de quilos de uva vendimiados.

O ano pasado foron 32 millóns os quilos de uva recollidos.

O mellor é que os técnicos insisten en que a calidade é moi boa.

Coa comarca do Salnés convertida nun gran lagar, os viticultores xa soñan con que a gran produción e a maior calidade do froito dean un empuxón ao prezo da uva.