Star Servicios elimina unilateralmente os días de vacacións ás limpadoras do Campus

Pontevedra
23 de decembro 2014

A empresa Star Servicios, contratada para realizar a limpeza das instalacións da Universidade de Vigo, comunicou ás súas traballadoras vía carta certificada que non poden gozar dos días de descanso recollidos no convenio

Concentración de las trabajadoras de Star Servicios
Concentración de las trabajadoras de Star Servicios

A empresa Star Servicios, contratada para realizar a limpeza das instalacións da Universidade de Vigo, comunicou ás súas traballadoras vía carta certificada que non poden gozar dos días de descanso recollidos no convenio.

Historicamente o equipo desta empresa sempre tomaban vacacións por quendas durante as festas de Nadal porque a activade nos centros educativos baixaba moito.

Como medida de protesta este martes as traballadoras protagonizaron unha concentración ante a fachada principal da Facultade de Ciencias Sociais no Campus de Pontevedra para reclamar estes días de descanso para o ano que vén.

Foi á hora do bocadillo, e nela participaron representantes dos tres sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG que a pasada semana mantivo unha reunión coa dirección da empresa.

Entre outros estaban os secretarios comarcais de UGT e Comisións Obreiras, Ramón Vidal e José Luis García Pedrosa, a secretaria comarcal de CIG-Servizos de Pontevedra, Diana Rodríguez e o responsable da área de Servizos de Limpeza de UGT Galicia, Carlos Corredoira.

En total son 22 traballadoras as afectadas por esta decisión unilateral da empresa.

Para o próximo dia 5 ás 10:00 horas haberá unha nova mobilización ante a Facultade de Forestais.