Unha das series de televisión de moda en todo o mundo, Stranger Things, é a fonte de inspiración do cartel co que a concellería de Promoción económica anuncia a celebración dunha Sétima Feira "excepcional". Será o 20 de xaneiro.
Como sempre, terá lugar no primeiro andar da praza de abastos de Pontevedra.
Dado o carácter desta convocatoria, todas as persoas que estean interesadas en participar deberán facer chegar a súa proposta a oficina da Sétima Feira a través do correo [email protected]. A organización porase en contacto con eles.
Sétima Feira abrirá en horario de 11.00 a 15.00 horas e contará cun amplo abano de propostas creativas do país: en moda, arte, gastronomía e música. Tamén regresará a Sétima Feira Infantil, con divertidas actividades para a cativada.
Sétima Feira é unha iniciativa impulsada polo Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo e apostando pola colaboración entre novos creadores e comercio local.