Subida xeneralizada de contaxios nos municipios da comarca con restricións

Pontevedra
29 de novembro 2020

Sanxenxo é o municipio con máis aumento de casos, pois ten 94, dez máis que tan só un día antes. En Pontevedra contabilízanse 319, seis máis. En Marín o incremento foi de tres casos, situándose en 80. Poio ten 57, un máis; Vilagarcía, 81, dous máis; e Cambados, 72, dous máis nun día. En Vilanova non hai cambios, con 27 

Persoa con máscara paseando por Sanxenxo
Persoa con máscara paseando por Sanxenxo / Mónica Patxot

Marín, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados... en todos os municipios de Pontevedra e as comarcas próximas que facilitan datos diarios de  contaxios de covid-19 creceron os casos activos na última xornada. Este domingo, a subida é xeneralizada na área sanitaria -57 positivos máis- e en todos eses  concellos, que, ademais, teñen en común que teñen activadas restricións especiais desde hai semanas pola elevada incidencia da pandemia.

Sanxenxo é o municipio con máis aumento de casos. Sitúase este domingo nun total de 94 casos activos, dez máis que tan só un día antes.

No  Concello de Pontevedra contabilízanse este domingo 319 casos activos máis de covid-19, seis máis que o sábado, segundo os datos facilitados pola Consellería de  Sanidade ás autoridades locais.

En Marín o incremento foi de tres casos máis nun día, situándose o total de persoas coa infección activa en 80

Poio tan só contabiliza unha persoa máis con covid-19 confirmada na última xornada e alcanza os 57 casos.

No caso de Vilagarcía de Arousa, o aumento foi de dous casos, situándose en 81

Tamén dous casos máis que o día anterior reporta Cambados, que, segundo os datos facilitados por  Sanidade ao  Concello, ten 72 persoas contaxiadas. 

Tan só Vilanova de Arousa se mantén sen cambios. Ten este domingo 27 casos activos de coronavirus.