Unha columna de fume alertou ás tres e media da tarde a veciños e veraneantes da illa de Arousa.
Grazas á rápida intervención dos equipos de emerxencias, o lume quedou en conato.
As chamas iniciáronse nas inmediacións do campo de futbol.
Nestes labores de extinción participaron medios aéreos e terrestres da Xunta de Galicia, e Protección Civil de Cambados e de Vilanova.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.