Sufocan un incendio nun taller de coches de Nantes

Sanxenxo
14 de abril 2021

O lume iniciouse pouco antes das 8.00 horas deste mércores no interior do taller, situado preto do Polígono de Nantes, en Sanxenxo. Só se produciron danos materiais

Incendio nun taller no polígono de Nantes
Incendio nun taller no polígono de Nantes / Emerxencias de Sanxenxo

Os servizos de emerxencia tiveron que despregarse á primeira hora deste mércores 14 de abril preto do polígono de Nantes, en Sanxenxo, ao rexistrarse un incendio nun taller de automóbiles.

Segundo puntualiza o 112 Galicia, o lume iniciouse ao redor das 7.45 horas da mañá.

En concreto, tal e como confirman desde o servizo municipal de Emerxenxnias Sanxenxo, o lume afectou a unha zona destinada a pintura que quedou completamente calcinada, e tamén se viu afectado un vello vehículo que se atopaba dentro do taller. 

En todo caso a intervención dos efectivos de emerxencia, cos Bombeiros do Salnés ademais do propio corpo municipal, fixo que os danos fosen soamente materiais, sen ningunha persoa resultase ferida.

O 112 Galicia informou da incidencia tamén á Policía Local e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.