Sufriu un accidente de tráfico? Elixa un hospital que ofreza asistencia integral

Pontevedra
18 de xullo 2018

Na provincia de Pontevedra, moitos dos lesionados de tráfico elixen a Unidade de Tráficos do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez porque presta un servizo integral, cobre toda a asistencia sanitaria e resolve todos os trámites administrativos, xa que dispón de acordo con todas as compañías aseguradoras de vehículos.

Accidente na vía rápida de Marín a Bueu (arquivo)
Accidente na vía rápida de Marín a Bueu (arquivo) / Diego Torrado

Cando se é vítima dun accidente de tráfico, a clave para obter unha boa recuperación ou restablecemento está en elixir un centro hospitalario que ofreza atención integral durante todo o proceso e cun seguimento coordinado polos especialistas.

A atención sanitaria para as lesións causadas nun accidente de tráfico non está incluída no catálogo de prestacións do Sistema Público de Saúde, xa que hai un terceiro obrigado ao pago (a compañía de seguros ou o titular do vehículo culpable do accidente, se non está asegurado). Por iso, os lesionados teñen dereito a elixir o centro hospitalario e os médicos para a súa curación.

Na provincia de Pontevedra, moitos dos lesionados de tráfico elixen a Unidade de Tráficos do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez porque presta un servizo integral, cobre toda a asistencia sanitaria e resolve todos os trámites administrativos, xa que dispón de acordo con todas as compañías aseguradoras de vehículos.

Que asistencia sanitaria se presta nunha Unidade de Tráficos?

Esta Unidade está formada polo Servizo de Urgencias 24 horas, Unidade de Coidados Intensivos, probas  diagnósticas con radioloxía de alto campo, o Centro de Rehabilitación e o Instituto de Neuro-rehabilitación, en caso de lesións con dano cerebral.

Os lesionados acceden ao Servizo de Urxencias 24 que dispón de médico de urxencias e médicos especialistas en Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e Medicina Interna os 365 días do ano. Mentres o equipo médico realiza unha primeira valoración, en paralelo, o equipo administrativo inicia as xestións coa compañía aseguradora que debe asumir os custos do tratamento.

"A intervención rápida é clave no tratamento deste tipo de pacientes" apunta Ana Domínguez, doutora especialista en traumatoloxía da Unidade de Tráficos. "Desde o Servizo de Urxencias podemos acceder a técnicas diagnósticas de alta resolución o cal nos facilita aos médicos o tratamento correcto dos lesionados" subliña a doutora Ana Domínguez.

Os médicos son os que pautan o ingreso ou o tratamento ambulatorio e, no seu caso, a rehabilitación de fisioterapia e consulta con especialista.

No Centro de Rehabilitación Quirónsalud aplícanse diferentes terapias, "en función da patoloxía e o estadío da lesión aplícanse terapias coas que acompañar o proceso de recuperación: Electroterapia, Masoterapia, Miofascial, Punción Seca, Terapia Manual Manipulativa (osteopatía, Mulligan), Exercicio  Terapeútico e exercicio de readaptación á actividade laboral" explica Juan Redondo, coordinador do Centro.

UNIDADE DE DANO CEREBRAL, UN TRATAMENTO MULTIDISCIPLINAR

Os lesionados con traumatismos cranioencefálicos con dano cerebral acoden ao Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud Pontevedra, tamén incluído no convenio de tráficos.

"O ingreso realízase cunha valoración da médico- rehabilitadora que, en coordinación coa familia e o equipo, establecen os obxectivos de recuperación" explica a doutora Ana Enríquez, coordinadora. A terapia desenvólvese en colaboración coa familia, "o 40% do éxito da rehabilitación do dano cerebral adquirido está na participación activa das familias" apunta a doutora Enríquez.

Todo o equipo traballa cun obxectivo común de recuperación desde o médico rehabilitador, o neurólogo, o psiquiatra, o fisioterapeuta neurolóxico, terapeutas e traballadores sociais e cada paciente conta cun plan intensivo e individualizado.

Tamén se inclúe a rehabilitación robotizada co Lokomat®; esta innovadora tecnoloxía, facilita un progreso máis rápido mediante sesións de adestramento máis longas, intensivas e eficientes.