Susana Fernández López, nova directora de Proxectos Europeos da Deputación

Pontevedra
10 de decembro 2021

A presidenta da  Deputación de Pontevedra, Carmela Silva explicou en rolda de prensa que "necesitabamos unha estrutura sólida e fixemos unha convocatoria para a Dirección de Proxectos Europeos" que gañou Susana Fernández López, que achega "máis de 15 anos de experiencia" e un "brillante" currículo

Susana Fernández López, nova directora de Proxectos Europeos da Deputación
Susana Fernández López, nova directora de Proxectos Europeos da Deputación / Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presentou este venres á nova directora de Proxectos Europeos da administración provincial, Susana Fernández López.

Carmela Silva explicou en rolda de prensa que "necesitabamos unha estrutura sólida e fixemos unha convocatoria para a Dirección de Proxectos Europeos" que gañou Susana Fernández López, que achega "máis de 15 anos de experiencia" e un "brillante" currículo. 

Con esta incorporación  "seremos máis eficientes e eficaces para mellorar a vida da nosa xente", asegurou a mandataria provincial.

Susana Fernández sinalou que  "a Deputación de Pontevedra é un laboratorio de ideas". E apuntou que os retos que se marca son "ter capacidade de anticipación e responder o incremento de xestión de fondos europeos". 

"Queremos producir un efecto transformador apostando por innovación, resiliencia e sostibilidade", engadiu.

A presidenta provincial ha destacado a día de hoxe "xa temos comprometidos 21 millóns en 2022 de fondos europeos para cuestións como 2 plans de sostibilidade turística de interior, co que estou moi satisfeita xa que os destinos de costa teñen capacidade, e moitas accións de sostibilidade".

Carmela Silva insistiu en que "estamos nun momento fundamental para que cheguen fondos europeos e polo tanto oportunidades para a provincia" e destacou que a Deputación de Pontevedra "fomos unha das primeiras administracións en ter un Plan Estratéxico de Fondos Europeos e xa mobilizamos 56 millóns estes anos".