Suspenden o corte na subministración de auga potable previsto para este mércores

Pontevedra
18 de novembro 2014

O goberno municipal recibiu unha comunicación por parte de Acuaes na que se pedía o aprazamento deste corte por motivos técnicos. Unha vez que se reprograme a previsión do corte, o Concello de Pontevedra volverá a informar do operativo especial que estaba activado para retomar a subministración o máis rápido posible

Chorros de auga Juan Mejuto

O corte do servizo de subministración de auga previsto para a noite do mércores e a madrugada do xoves queda suspendido ata nova data. Así o anuncia o Concello de Pontevedra por medio dun comunicado.

O goberno municipal recibiu unha comunicación por parte de Acuaes na que se pedía o aprazamento deste corte por motivos técnicos.

O corte ía afectar aos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo e Bueu.

No caso da capital estaban afectadas especialmente ás zonas de Lérez, Avenida de Lugo, Juan Carlos I, O Marco, Otero Pedrayo, Avenida da Estación, Avenida de Vigo, Salcedo e Conde Bugallal.

Unha vez que se retome a previsión do corte, o Concello de Pontevedra volverá a informar do operativo especial que estaba activado para retomar a subministración o máis rápido posible.