Tablets para alumnos dos programas de formación do Secretariado Xitano

Pontevedra
18 de maio 2020

Varias fundacións facilitaron dispositivos e conexión a internet en concepto de préstamo para que poidan seguir de forma telemática coa formación que estaban a recibir

Entrega de tablets a alumnos da Fundación Secretariado Xitano
Entrega de tablets a alumnos da Fundación Secretariado Xitano / Concello de Pontevedra

Alumnos que participan nos programas de educación que ofrece a Fundación Secretariado Xitano en colaboración coa Concellería de Benestar Social de Pontevedra recibiron este luns unhas tablets en préstamo para que poidan continuar agora coa formación que estaban a recibir de forma telemática.

O material foi facilitado pola Fundación Orange e os beneficiarios son cinco fogares e un total de once menores que poderán dispoñer así destes dispositivos, así como da conexión a internet para continuar co desenvolvemento do curso escolar. Xunto a estes, outros once alumnos dos programas de educación recibían un computador e dez tablets, doadas pola Fundación Telefónica, a Fundación A Caixa, United Way e Altrim.

Estas achegas, cuxo repartición se realizou contando coa Redeaxuda, tratan de pormenorizar a fenda dixital existente entre algúns colectivos sociais e que dificultaban a continuidade das súas aprendizaxes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora