Taboadelo e Chaín celebran as súas festas patronais

Ponte Caldelas
16 de outubro 2016

Ponte Caldelas apurou esta fin de semana as últimas festas populares que se celebran no municipio neste mes de outubro. A pesar da incesante chuvia, Taboadelo e Chaín renderon homenaxe a San Roque e Santa Teresa respectivamente

Festa popular na parroquia de Chaín
Festa popular na parroquia de Chaín / Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas apurou esta fin de semana as últimas festas populares que se celebran no municipio neste mes de outubro. A pesar da incesante chuvia, Taboadelo e Chaín renderon homenaxe a San Roque e Santa Teresa respectivamente.

O alcalde, Andrés Díaz, estivo presente en ambas celebracións. Comezou na tarde do sábado coa asistencia á procesión polos camiños de Taboadelo.

A pesar do mal tempo, os veciños non renunciaron a unha tradición moi arraigada, para que o que cubriron a imaxe cunha protección de plástico.

Xa na mañá do domingo foi a quenda de Chaín. As festas en honor a Santa Teresa comezaron cunha tirada de fogos, a misa e a procesión cos santos da parroquia e a patroa da parroquia da Insua, Santa Mariña.

Os actos relixiosos remataron cunha solta de pombas. Pola tarde, houbo actuacións lúdicas e a habitual verbena.