Un gran número de persoas elixiron as visitar as Illas Atlánticas durante estas vacacións chegando a completar o cupo dispoñible tanto o xoves como este venres para ir ás Cíes. Aínda que non pertence ao Parque Nacional, o mesmo sucedeu en Tambo, segundo informaba a navieira Mar de Ons.
Polo momento segue sendo posible reservar billete para o sábado e para o domingo. No caso da Illa de Ons, son máis de 1.200 as persoas que xa realizaron o seu reserva anticipadamente.
Mar de Ons freta barcos ás Cíes ata este domingo desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo e Portonovo. No caso da Illa de Ons, os barcos parten desde Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo.
Tambo estreou este xoves as conexións marítimas da Navieira Mar de Ons. Son visitas de máis de 3 horas de duración que parten do porto de Combarro e inclúen un roteiro guiado durante a cal os participantes poderán percorrer a pé a illa coñecendo interesantes elementos do seu pasado como as ruínas do lazareto ou a capela de San Miguel, así como diversas edificacións abandonadas da época en que Tambo foi base militar como os barracóns, a casa do oficial ou oa antigo polvorín.
O xoves aínda había algúns billetes dispoñibles para sábado e domingo
"A Semana Santa é unha gran oportunidade para descubrir e coñecer en profundidade as posibilidades que ofrece o Parque Nacional das Illas Atlánticas, un enclave natural que se atopa entre os máis visitados de Galicia", apunta Silvia Torres, responsable comercial desta naviera.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.