Horas antes do inicio do novo curso escolar, a festa invadiu a praza da Reiboa, na Seca, para que os nenos e nenas de Poio poidan dar a benvida a esta nova etapa.
Alumnado e familias déronse cita na festa organizada polo Concello de Poio e o Centro Comercial A Barca a partir das cinco da tarde.
Obradoiros de manualidades con material reciclado, inchables, sorpresas e bailes coa animación de Javi Solla animaron a tarde, que rematou con todas e todos saltando, bailando e gozando nunha festa Holi.
Os canóns esparexeron pos de moitas cores polo escenario e encheu de risas, bos momentos e moita diversión a despedida do verán e a celebración do inicio do novo curso escolar.
O alcalde, Ángel Moldes, participou na actividade e destacou o bo ambiente.