Tech Kids impulsa o talento dixital da infancia a través dun obradoiro o 29 de agosto

Pontevedra
26 de agosto 2024

A xornada formativa ten como obxectivo que nenas e nenos de entre os 12 e os 18 anos poidan poñer en práctica o seu talento dixital e a súa capacidade de resolución de problemas, á vez que desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa

Aula CEMIT
Aula CEMIT

A Aula CeMIT de Pontevedra, situada no edificio administrativo da Deputación Provincial, acollerá o vindeiro xoves 29 de agosto unha acción formativa dentro do proxecto 'Tech Kids. Argallando entre xeracións'.

A xornada formativa ten como obxectivo que nenas e nenos de entre os 12 e os 18 anos poidan poñer en práctica o seu talento dixital e a súa capacidade de resolución de problemas, á vez que desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa. 

O obradoiro será en horario de 9:30 a 13:30 horas, ten 27 prazas e as inscricións poden facerse a través do sitio web da rede CeMIT.

A formación abordará distintas temáticas: o deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM (modelado por deposición fundida), unha práctica guiada de construción e programación dun robot que implemente unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros robots na aula, prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior, experiencias inmersivas en realidade virtual, unha introdución guiada ao ensamble e á configuración de deseños de sistemas electrónicos con microcontroladores ou unha introdución guiada á Raspberry Pi.