A asociación Vaipolorío informou ao 112 dunha nova vertedura en Pontevedra.
De novo afecta ao denominado Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do Gafos.
Nesta ocasión trátase de vellos televisores de tubo, monitores de computador, pneumáticos, un frigorífico, lonas ou caixas, entre outros elementos.
Este tipo de denuncias repítese con demasiada frecuancia ao longo dos 25 anos de traxectoria de Vaipolorío en estudo e divulgación do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos.
O ámbito deste ENIL confórmase ao redor do río dos Gafos e ocupa unha extensión de 49,8 hectáreas localizadas na súa totalidade no ámbito do núcleo urbano de Pontevedra.
Desde o punto de vista dos valores naturais, trátase dunha zona moi rica en canto á biodiversidade.
Foi aprobado no 2019 e é o segundo ENIL do municipio de Pontevedra despois do da Xunqueira de Alba declarado no ano 2012.
