Telmo Martín, a polo seu quinto mandato como alcalde de Sanxenxo

Sanxenxo
17 de xuño 2023

Martín foi elixido por maioría absoluta cos dez concelleiros do PP fronte aos sete votos en contra de PSOE (catro edís) e BNG (tres edís)  

Investidura de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo
Investidura de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Telmo Martín foi reelixido alcalde de Sanxenxo no pleno de investidura celebrado este sábado tras arrasar, un ano máis, nas eleccións do pasado 29 de maio.

Martín foi elixido por maioría absoluta cos dez concelleiros do PP fronte aos sete votos en contra de PSOE (catro edís) e BNG (tres edís).

Con esta xa son cinco as veces que Telmo Martín tomou posesión como alcalde de Sanxenxo polo que durante o seu discurso na sesión de investidura destacou que a vila "se ha convertido no referente turístico do norte de España e a nosa obrigación como goberno é seguir xerando as condicións que faciliten a actividade económica e a creación de emprego".

"Nos próximos anos vánsenos a presentar oportunidades e retos que debemos ser capaces de aproveitar para converter Sanxenxo nun lugar mellor para vivir" e asegurou que "imos facer todo o posible para que siga mellorando durante o próximos catro anos".

Finalmente, convidou á oposición para traballar conxuntamente con eles porque todos comparten o mesmo obxectivo de "mellorar a vida dos nosos veciños".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora