Telmo Martín advirte que a "irresponsabilidade" provoca que a saúde dos veciños "siga contra as cordas"

Sanxenxo
16 de decembro 2020

A pesar de que as cifras certifican unha redución nos casos activos por covid-19 en Sanxenxo, que baixaron ata os 59 (dous menos que onte), o goberno municipal alerta de que a incidencia da pandemia seguen sendo "moi alta"

Telmo Martín na videoconferencia con Sanidade
Telmo Martín na videoconferencia con Sanidade / Concello de Sanxenxo

A pesar de que as cifras certifican unha redución nos casos activos por covid-19 en Sanxenxo, que baixaron ata os 59 (dous menos que onte), o goberno municipal alerta de que a incidencia da pandemia seguen sendo "moi alta".

En concreto, a incidencia acumulada a sete días sitúase en 230 casos por cada 100.000 habitantes e en 305 casos a catorce días, segundo coñeceu o alcalde, Telmo Martín, nunha entrevista telemática con responsables de Sanidade.

Ante esta situación, Martín pediu aos habitantes de Sanxenxo que sexan "especialmente rigorosos" no cumprimento das medidas de restrición para este Nadal.

Asegura que "non sería perdoable" que pola "irresponsabilidade duns poucos" a saúde dos veciños "siga contra as cordas" e que a economía local "non recupere ou pulso".

O goberno local está convencido de que se as cousas "non se fan ben", ademais de poñer en risco a saúde pública tamén afectará á viabilidade do comercio, á hostalería e á actividade turística en xeral. 

"O que está en xogo non é se os locais están abertos ou pechados senon que hai moitas familias pasando situacións moi dramáticas", sinala Telmo Martín, que apela a responsabilidade individual para lograr frear a pandemia.