Telmo Martín afirma que este verán vai ser lembrado como o do emprego

Sanxenxo
22 de agosto 2023

Os datos de afiliados á seguridade social en xullo deixan a Sanxenxo ao bordo do pleno emprego. A cifra ascende a 8.603 persoas no municipio, o mellor dato da serie histórica de Sanxenxo

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo / Mónica Patxot

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín afirma que este verán vai ser lembrado como o do emprego.

O número de afiliados á Seguridade Social en xullo deixa a Sanxenxo ao bordo do pleno emprego cun total de 8.603 persoas. Un dato que superou as mellores expectativas e que se suma aos 466 parados cos que pechamos xullo, o que permitiu reducir a taxa de paro ao 5,9%

A cifra de afiliados supón o mellor dato da serie histórica con 154 afiliados máis que en 2022 e 71 máis que en 2019, que ata o de agora era o mellor dato. Nin se queira cando o boom económico entre os anos 2005 e 2007 alcanzáronse cifras tan altas da seguridade social.

Outro aspecto que chama a atención é que as 8.603 persoas dadas de alta superan amplamente a poboación activa que en Sanxenxo é de 7.930 persoas. Isto significa que durante este verán hai veciños maiores de 65 anos e novos estudantes, que o ministerio de traballo deixa fóra da poboación activa, han decidiu aproveitar para traballar durante estes meses.

Este verán coñecemos datos dispares, un xullo irregular na ocupación hostaleira, un incremento dos visitantes, segundo o informe de Big Data da Mancomunidade do Salnés, récord do aparcadoiro de Nauta, a inflación que reduciu o consumo e agora estas cifras da seguridade social. 

"Pese a que as cifras viñan sendo boas desde inicio do 2022 ninguén, tampoco nós, podiamos imaxinar unha tasa do paro por debaixo do 6% e unha cifra de afiliados por enriba das 8.500 persoas", asegura o alcalde, Telmo Martín.