Telmo Martín percibe en Fitur grandes expectativas de crecemento turístico para este ano

Sanxenxo
19 de xaneiro 2023

A Feira Internacional de Turismo supera as cifras de afluencia anteriores ao Covid desde o inicio da cita

O alcalde de Logroño, Pablo Hermoso de Mendoza e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín
O alcalde de Logroño, Pablo Hermoso de Mendoza e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín / Concello de Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, percibe en Fitur grandes expectativas de crecemento turístico para este ano cunha forte aposta do sector na promoción do destino. 

Telmo Martín visitou este xoves aos expositores dos dous maioristas con sede en Sanxenxo e mantivo diferentes contactos con alcaldes doutras cidades españolas como Logroño e con empresas interesadas en traer a súa oferta ao municipio. 

O mostrador e espazo propio do que dispón Sanxenxo en Fitur está a centralizar toda a información turística do municipio tanto do Concello como das empresas do sector funcionando como un servizo global. 

Sanxenxo acode á cita con catro folletos dedicados a paisaxe, praias, patrimonio e náutica.