Temperaturas de 30 graos nas Rías Baixas durante a última fin de semana de agosto

Pontevedra
26 de agosto 2022

Este venres, segundo a información facilitada por Meteogalicia, a comunidade mantense na influencia anticiclónica feble. Agárdanse máximas de 33 graos nas Rías Baixas. A situación permanecerá nas mesmas condicións durante o sábado, mentres que o domingo haberá un incremento da inestabilidade atmosférica. Agárdanse chuvascos treboentos no interior de Galicia, non no litoral

Imaxe de satélite de Meteogalicia este venres 26 de agosto de 2022
Imaxe de satélite de Meteogalicia este venres 26 de agosto de 2022

O servizo de Meteogalicia indica que este venres 26 Galicia mantense na influencia anticiclónica débil. Espéranse ceos nos que crecerán as nubes de evolución no sueste da comunidade durante a tarde, coa posibilidade dalgunha tormenta illada neses puntos. No litoral seguirán sen rexistrarse choivas e as temperaturas manteranse entre os 20 e os 33 graos con ventos do nordés, moderados en xeral.

Ao longo do sábado, Galicia permanecerá na zona de transición entre o anticiclón situado ao norte e a baixa términca da península. Espéranse bancos de néboa matinais no interior que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, entrando nubes de tipo alto polo litoral atlántico a partir do mediodía. Ao longo da tarde espérase algún chuvasco tormentoso cara a zonas interiores. As temperaturas moveranse entre os 19 e os 32 graos nas Rías Baixas, con ventos do nordés, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde.

A inestabilidade atmosférica aumentará durante a xornada do domingo 28 pero non se agardan choivas no litoral pontevedrés. Haberá bancos de néboa nas zonas do interior que darán paso a ceos con nubes e claros coa posibilidade de chuvascos tomentosos no interior de Galicia. Os ventos seguirán soprando do nordés, frouxos en xeral. Descenderán as temperaturas nas Rías Baixas para situarse entre os 18 e os 27 graos.

Xa o luns da próxima semana, Galicia manterase afastada dos centros de altas e baixas presións, quedando nunha zona algo indefinida, con moi pouco vento. A xornada iniciarase con ceos pouco nubrados e co avance do día quedarán parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. Rexistraranse brumas costeiras en todo o litoral, especialmente persistentes na franxa atlántica. As temperaturas máximas sufrirán un descenso situándose nos 21 graos nas Rías Baixas. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable e pasará a ser de compoñente oeste co avance da xornada.

Esta situación indefinida manterase ao longo dos primeiros días da p´roxima semana, con aire frío achegándose en capas altas da atmosfera, incrementando a inestabilidade. O tempo será bastante cambiante, con máis nubes e baixadas de temperaturas no litoral costeiro, que oscilarán entre os 16 e os 24 graos.