Tensión entre seguidores do Racing de Ferrol e do Pontevedra na Praza da Verdura

Pontevedra
18 de febreiro 2018

Efectivos da Policía Nacional están a levar a cabo un amplo dispositivo de seguridade para evitar que xurdan inciendentes entre ambas afeccións con motivo do encontro que disputan os dous clubs na tarde deste domingo no estadio municipal de Pasarón

Tensión entre ultras do Rácing de Ferrol e o Pontevedra C.F. antes do partido en Pasarón
Tensión entre ultras do Rácing de Ferrol e o Pontevedra C.F. antes do partido en Pasarón / Diego Torrado

Un forte dispositivo da Policía Nacional realizaba controis durante as últimas horas nas últimas horas nas entradas a Pontevedra para evitar actos vandálicos con motivo do partido que esta tarde enfrontan ao Pontevedra e ao Racing de Ferrol no estadio municipal de Pasarón.

Ámbos os dous equipos atópanse na zona baixa da clasificación e, por este motivo, o encontro resulta trascendental para as dúas entidades. O equipo de Luismi atópase situado no posto 16 con 26 puntos, mentres que o Racing é décimo noveno con 21 puntos.

Un grupo de arredor de 200 ultras procedentes de Ferrol chegaban a Pontevedra e, segundo testemuñas presenciais, no centro histórico, en concreto na praza da Verdura, dedicáronse a realizar cánticos a favor do conxunto departamental. Tamén se rexistraron, arredor das 14.30 horas, algúns incidentes con enfrontamentos con afeccionados do Pontevedra, segundo as mesmas fontes, entre a praza de Méndez Núñez e a Verdura.

Ante esta situación, as forzas de seguridade mantiveron os afeccionados do Racing de Ferrol escoltados ata o estadio onde ocuparon a zona prevista na grada Sur. Mentres os ultras ferroláns accedían a Pasarón, os afeccionados granate eran retidos nun bar das inmediacións do estadio por axentes da Policía Nacional para evitar que se chegara a producir algún intento de agresión.

Sobre todo, as forzas policiais van manterse alerta ao remate do encontro a tenor da importancia do resultado deste encontro de fútbol entre os dous equipos galegos.