A feira de Ponte Caldelas recupera pouco a pouco a normalidade coa volta ao traballo dos postos de téxtil e calzado.
Para iso, o Concello encontrou unha nova ubicación provisional para textil e calzado: a Avenida de Galicia (rúa do Concello). Este cambio de ubicación débese á necesidade dun maior espazo para poder manter o distanciamento entre postos e tamén entre a clientela e na Alameda non era posible garantir as distancias mínimas esixidas.
Desta maneira, durante o sábado 20 de xuño non se poderá estacionar na Avenida de Galicia, que estará ocupada polos postos de téxtil e calzado, mentres os de alimentación, produtos da horta e ferretería se manteñen na Praza de España.
Para acceder a ambos recintos, o Concello informa que será obrigatorio levar mascarilla, desinfectar as mans e manter as distancias de seguridade.