Tino Fernández cualifica de "patéticas" as declaracións do PP sobre a elaboración dun Plan Estratéxico para Pontevedra

Pontevedra
05 de agosto 2021

O tenente de alcalde atribúe o motivo das declaracións de Rafa Domínguez, líder da oposición, a "un golpe de calor que anubrou o entendemento". Lembra que a Zona Franca, depende do Ministerio de Facenda e non do PSOE. Sinala que o PP está acostumado a confundir as estruturas do partido coas institucións

Tino Fernández, tenente de alcalde de Pontevedra
Tino Fernández, tenente de alcalde de Pontevedra / Cristina Saiz

O tenente de alcalde Tino Fernández e portavoz socialista no goberno local lamentaba as declaracións realizadas polo Partido Popular sobre a elaboración dun Plan Estratéxico para Pontevedra en convenio coa Zona Franca de Vigo.

Fernández sinala que estas declaracións son "patéticas" e só se entenden se son froito dun golpe de calor que anubrou o entendemento de Rafa Domínguez, portavoz do PP na corporación municipal. Lembra que un ente como a Zona Franca, depende do Ministerio de Facenda e non do Partido Socialista. 

Nese sentido ataca aos populares sinalando que están afeitos confundir as estruturas do partido coas institucións. "Aínda que o ladrón o pense, non todos somos da súa condición", indicou o tenente de alcalde.

O representante socialista sinala que desde a concellería de Promoción Económica está a facerse un importante labor para potenciar a actividade económica con cursos, campañas e eventos, ademais das promocións turísticas.

Tino Fernández pregúntase que fixo e que fai a Xunta de Galicia, responsable de emprego, e afirma que a administración  autonómic non fixo unha soa acción  resaltable. Indica que "agora vén o señor Domínguez de  mamporrero a criticar aos que facemos cousas" e lembra que durante 7 anos Teresa Pedrosa foi delegada da Zona Franca e "ademais de ser do PP é veciña de Pontevedra" e "non consta que se preocupase o máis mínimo por esta cidade. Estivo e está absolutamente abandonada polo PP. Se cadra molesta que esteamos a lle sacar as cores a unha xestión nefasta para o noso concello por parte dos gobernos presididos por Mariano Rajoy", remarcou o portavoz do PSOE local.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora