Toda a oposición demanda no Parlamento máis medios e persoal para o centro de saúde de Marín

Marín
12 de outubro 2017

En Marea, Partido Socialista e BNG reclamaron ao goberno da Xunta que adopte as medidas necesarias para corrixir a falta de persoal e de medios no centro de saúde de Marín

La portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado
La portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado / BNG

En Marea, Partido Socialista e BNG reclamaron ao goberno da Xunta que corrixa a falta de persoal e de medios no centro de saúde de Marín.

A iniciativa presentada pola portavoz de sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, recibiu o apoio do resto de grupos da oposición na cámara galega.

O Partido Popular votou en contra porque, segundo dixo a portavoz do PP, María Encarnación Amigo, o BNG "alarma, esaxera e falta á verdade" neste asunto e pediu á nacionalista que "non xogue coa saúde".

A portavoz do Bloque, Montse Prado reclamou á Xunta o comprometido durante a campaña electoral, e pediu que se dote ao centro de saúde de Marín  de servizo de radioloxía, que se incorpore dúas prazas de fisioterapia, que se cubra as baixas de longa duración e se manteña un servizo de ambulancia de 24 horas.