Toda a oposición demanda no Parlamento máis medios e persoal para o centro de saúde de Marín

Marín
12 de outubro 2017

En Marea, Partido Socialista e BNG reclamaron ao goberno da Xunta que adopte as medidas necesarias para corrixir a falta de persoal e de medios no centro de saúde de Marín

La portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado BNG

En Marea, Partido Socialista e BNG reclamaron ao goberno da Xunta que corrixa a falta de persoal e de medios no centro de saúde de Marín.

A iniciativa presentada pola portavoz de sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, recibiu o apoio do resto de grupos da oposición na cámara galega.

O Partido Popular votou en contra porque, segundo dixo a portavoz do PP, María Encarnación Amigo, o BNG "alarma, esaxera e falta á verdade" neste asunto e pediu á nacionalista que "non xogue coa saúde".

A portavoz do Bloque, Montse Prado reclamou á Xunta o comprometido durante a campaña electoral, e pediu que se dote ao centro de saúde de Marín  de servizo de radioloxía, que se incorpore dúas prazas de fisioterapia, que se cubra as baixas de longa duración e se manteña un servizo de ambulancia de 24 horas.