David Carrera, alcalde da Lama, anunciaba que o Concello publicou por primeira vez un folleto informativo que recolle todas as datas e lugares en que se celebrarán festas ata o mes de outubro no municipio.
Debido á cantidade de eventos previstos, máis de trinta, o goberno local quere facilitar así a información para promocionar as distintas actividades que se desenvolverán nos próximos meses en colaboración coas comisións de festas das parroquias e lugares.
Os folletos serán repartidos nos establecementos de hostalería e en locais comerciais tanto do centro do municipio como de distintos puntos das parroquias.
Despois da festividade do Cristo de Xende desta fin de semana, a próxima cita será o sábado 8 de xuño coa festa da Virxe do Carme en Cernedo (Barcia).