"Todos temos prexuízos de base"

Pontevedra
18 de novembro 2016

"Todos temos prexuízos de base", iso explica algunha das reaccións contrarias á apertura do futuro centro de día de Rexurdir Provincial no número 17 da Rúa do Cruceiro. A concelleira de Benestar social do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, lembrou que este tipo de instalacións deben que ser accesibles para os seus usuarios polo que non ten sentido desprazalas fose do centro da cidade

Rúa na que abrirá Rexurdir o seu novo centro PontevedraViva

"Todos temos prexuízos de base", iso explica algunha das reaccións contrarias á apertura do futuro centro de día de Rexurdir Provincial no número 17 da Rúa do Cruceiro.

A concelleira de Benestar social do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, lembrou que este tipo de instalacións deben que ser accesibles para os seus usuarios polo que non ten sentido desprazalas fóra do centro da cidade. Neste sentido lembrou que Cáritas está en Joaquín Costa, Rexurdir en Cruz Vermella e o comedor de San Francisco está "no quilómetro cero de Pontevedra".

Precisamente, atendendo a longo prazo traxectoria sen incidentes de todos estes servizos, apunta Carmen Fouces que "certa preocupación é comprensible, pero non vai ter maior transcendencia" por iso este será "un máis dos moitos recursos da cidade que se atopan situados en moitas rúas, preto de colexios, etc...".

A concelleira anunciou que na reunión que manterá o próximo día 29 cos veciños da zona da Barca trasladaralles unha mensaxe de tranquilidade.

"O problema é o uso que se lle dea a estas cuestións politicamente", alertou a responsable municipal do Area de Benestar. E neste sentido sinalou que a Xunta de Galicia "está entusiasmada" con este proxecto ao que financiou con 28.000 euros. O Concello puxo 15.000 euros, que renovará anualmente.

"É un recurso que nos vai a beneficiar a toda a cidade", concluíu.