Toma posesión a nova xunta de goberno do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra

Pontevedra
05 de xullo 2021

O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e contou coa participación de Jesús Aguilar, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos

Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra
Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra / Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra

O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra constituíu a Xunta de Goberno que rexerá os destinos da organización durante o próximos catro anos, unha vez reelixida no proceso electoral como presidenta Alba Soutelo.

O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e contou coa participación do presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, Jesús Aguilar Santamaría, ademais de con a presenza de autoridades e representantes de institucións do ámbito sanitario.

Durante a súa intervención, a reelixida presidenta defendeu o papel desenvolvido polas farmacias durante os últimos meses como punto fundamental para a atención primaria, e reivindicou novamente que se permita aos farmacéuticos dispensar anticipadamente os medicamentos de forma transparente nas farmacias, rexistrándoos no sistema de receita electrónica, para evitar romper a adherencia do paciente cando no centro de saúde non poden darlle cita co médico para renovar receitas.

Ademais de Alba Sotelo a xunta directiva está composta por Beatriz García Iglesias como vicepresidenta, Belén Rey Carballeda como secretaria, Ramón Iglesias Xifra como tesoureiro, María Concepción Preciado Barreira como vicetesoureira, Aurea Míguez de Francisco como vicesecretaria e como vogais José Manuel Valenzuela Limiñana, Lucía Martínez Sánchez, Juan del Río Ferreiro, José Antonio Fornos Pérez, Eva Campelo Sánchez, César Balseiro López, Ignacio Sánchez Otaegui, Marta Bartos Lorenzo, Adrián Acuña Ferradanes, Francisco Coello Delgado e Juan Carlos López Sobrino.