Toman declaración a un home por provocar un incendio en Lérez cunha queima sen medidas de seguridade

Pontevedra
02 de xuño 2020

Este home está investigado como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o18 de maio no lugar do Castelo, en Lérez, que afectou a 0,4 hectáreas de superficie arborada.  Os feitos producíronse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas en zona de influencia de masa forestal, incumprindo as medidas de seguridade

Axentes da Policía Autonómica
Axentes da Policía Autonómica / Mónica Patxot

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra, coa colaboración de axentes ambientais da Consellería do Medio Rural, esclareceron un incendio rexistrado o pasado 18 de maio na parroquia pontevedresa de Lérez e tomaron declaración ao seu presunto responsable. 

Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, este home está investigado como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o18 de maio no lugar do Castelo, en Lérez, que afectou a 0,4 hectáreas de superficie arborada.

Os feitos producíronse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas en zona de influencia de masa forestal, incumprindo as medidas de seguridade.

Na extinción do incendio que acaba de ser esclarecido participaron un axente forestal, dúas cuadrillas e dúas motobombas pertencentes ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia. 

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 17 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.