Tomeza completará o seu saneamento coa conexión á rede de Valadiña e Pumariño

Pontevedra
30 de agosto 2021

Toda a parroquia de Tomeza estará conectada á rede municipal de saneamento cando se execute o proxecto que vén de contratar o Concello. É unha actuación que permitirá dotar deste servizo a seis vivendas dos lugares de A Valadiña e Pumariño

Obras no núcleo de centralidade de Lusquiños
Obras no núcleo de centralidade de Lusquiños / Mónica Patxot

Toda a parroquia de Tomeza estará conectada á rede municipal de saneamento cando se execute o proxecto que vén de contratar o Concello. É unha actuación que permitirá dotar deste servizo a seis vivendas dos lugares de A Valadiña e Pumariño.

Esta zona quedara fóra do proxecto global de Tomeza e vai a ser executada agora cun investimento de 110.256 euros, o que se corresponderá con algo máis de 18.000 euros por vivenda, segundo explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.

"Non é só un investimento importante polo remate da rede como tal, senón que tamén permitirá dar servizo a ao lugar de Carrasco, en Marcón, que ata o de agora, non era posible", sinalou Gulías. Será a través dun proxecto a maiores que se licitará proximamente.

Está previsto que a obra nestes dous lugares de Tomeza comece nun mes, unha vez estean todos os informes sectoriais en orde.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora