Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita na que os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar son protagonistas.
A xarda ou cabala destaca polo seu elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico e ácidos graxos Omega-3, ademais de achegar vitaminas do grupo B e minerais como o fósforo, o selenio e o potasio, esenciais para unha alimentación equilibrada.
Para preparar esta saborosa Torta mariñeira con filetes de xarda Pescamar para catro persoas necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Filetes de Xarda do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 1 lámina de masa crebada refrixerada
- 4 ovos
- 200 ml de nata para cociñar
- 1 cebola mediana
- 120 g de queixo relado
- 12 lagostinos cocidos
- 2 culleres pequenas de eneldo fresco picado
- 1 culler de ceboliño fresco picado
- Sal e pementa ao gusto
- Aceite de oliva virxe extra
Preparación:
Pelamos e picamos finamente a cebola. Pochámola nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva ata que quede tenra e transparente. Reservamos.
Escorremos lixeiramente os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar e despezámolos en anacos grandes.
Estendemos a masa crebada sobre un molde para torta previamente engraxado e picamos a base cun garfo para evitar que se inche ao cociñala.
Nun bol amplo batemos os ovos xunto coa nata. Engadimos a cebola pochada, o queixo relado, unha cucharada e media de eneldo e o ceboliño picado.
Salpimentamos ao gusto, incorporamos a cabala e mesturamos suavemente.
Vertemos a mestura sobre a base de masa crebada e distribuímola de maneira uniforme. Repartimos os lagostinos, previamente pelados, sobre a superficie.
Forneamos a 180 ºC durante uns 35 minutos ata que o recheo estea callado. Retiramos do forno e deixamos repousar durante cinco minutos antes de servir.
Decoramos co resto do eneldo fresco e servimos a torta tépeda.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha deliciosa receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.