Tráfico tramita unha denuncia por infracción grave, recollida nun vídeo achegado por un cidadán

Pontevedra
19 de xullo 2024

Efectuou un adiantamento en lugar prohibido e con risco para os demais usuarios da vía ante a proximidade dunha curva sen visibilidade

Efectuou un adiantamento en lugar prohibido / Guardia Civil

O Subsector de Tráfico de Pontrevedra está a tramitar unha denuncia por infracción grave, ao achegar un particular unhas imaxes onde se observa a un turismo efectuar un adelantamento perigoso.

A imprudente manobra tivo lugar na N-554 (Vilaboa – Puente de Rande) o pasado 11 de xullo de 2024.

Ademais da infracción que se observa no vídeo, o denunciado efectuou máis adiantamentos similares a outros usuarios da vía co consecuente risco de accidente.

Desde a Garda Civil de Tráfico lémbrase a importancia de cumprir as normas de circulación, e a colaboración cidadá resulta crucial para identificar os posibles infractores co fin de reducir os accidentes, e mellorar a convivencia nas vías, creando desta forma unha cultura de responsabilidade compartida no mantemento da seguridade viaria.