Tras acadar a promesa de 2,6 millóns de euros da Xunta, Cubela impulsará a reforma da estrada Caroi-Cerdedo

Cerdedo Cotobade
31 de agosto 2019

As obras consistirá no ensanche e pavimentación dos oito quilómetros da estrada que pasan por Medelo, San Bartolomeu, Chamadoira, Viduído e Revolta

Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, revisando o Plan Especial da estrada Caroi-Cerdedo
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, revisando o Plan Especial da estrada Caroi-Cerdedo / Concello de Cerdedo-Cotobade

A estrada entre a parroquia de Cotobade de Caroi e a localidade de Cerdedo ampliarase e vai pavimentarse en oito quilometros que pasan por Medelo, San Bartolomeu, Chamadoira, Viduído e Revolta.

Esta obra levará a cabo despois de que a Xunta de Galicia comprometese un investimento de 2,6 millóns, a cifra na que está orzado este investimento segundo o Plan Especial que elaborou o Estudo Técnico Galego.

O goberno local de Cerdedo-Cotobade móstrase moi interesado nesta obra. O alcalde Jorge Cubela analizou o Plan Especial que encargara para esta infraestrutura, que inmediatamente trasladou á Xunta de Galicia, organismo que tamén sufragará os 90.000 euros que custou este Plan Especial. 

A administración autonómica, segundo o goberno local, deberá remitir agora o informe nun prazo de dous meses e posteriormente realizarase a aprobación inicial por parte do Concello.

O alcalde Jorge Cubela recoñece que estaba prevista inicialmente unha pequena mellora desta estrada pero finalmente o goberno local decidiu realizar unha mellora máis profunda para satisfacer á veciñanza desa contorna entre Caroi e Cerdedo. O rexedor entende que toda a zona alta quedará perfectamente conectada con estes traballos e o proxecto aprobado da mellora da estrada co  Concello da Lama a través do lugar de Peso, unha vez que ambos os gobernos lograron os terreos que xa puxeron ao dispor da  Deputación de Pontevedra.