Trasladan a Montecelo a unha muller tras saírse da vía en Curro e bater contra unha árbore

Barro
05 de xaneiro 2014

ÿ a única ocupante dun vehículo que sufriu un accidente ás 16:00 horas na PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía á altura da gasolineira de Curro

Unha muller de mediana idade resultou ferida nun accidente de tráfico na estrada que une Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, ás 16:00 horas deste domingo 5 de xaneiro.

Trátase da condutora e única ocupante dun vehículo, un Renault Clio, que circulaba en dirección Vilagarcía cando, tras pisar o freo, perdeu o control saíndose da vía.

Segundo informa Protección Civil de Barro, o coche derrapou ata golpear contra unha árbore que se encontraba xunto á calzada, á altura da gasolineira de Curro.

No lugar compareceron efectivos da Gardia Civil de Tráfico, Protección Civil e 061, os que tras inmobilizar a muller ferida, a trasladaron ao Hospital Montecelo de Pontevedra cun forte golpe na cabeza.