Trece centros de saúde da área reforzaranse con 21 das 106 prazas de médico de Atención Primaria que convoca a Xunta

Pontevedra
27 de abril 2022

Esas 21 prazas repartiranse da seguinte forma:  o centro de saúde Virxe Peregrina con tres prazas; A Parda e Lérez en Pontevedra; Vilaboa; Moraña; Cambados con outras tres prazas; Ribadumia; Marín con dúas prazas; O Grove; Ponte Caldelas; Meaño; Sanxenxo-Baltar e catro prazas no centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa

Centro de Saúde Virxe Peregrina
Centro de Saúde Virxe Peregrina / PontevedraViva

Este mércores 27 o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de Oferta Pública de Emprego (OPE) na que figuran 106 prazas de médico de Atención Primaria. Desa cifra, 21 prazas destinaranse a 13 centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo informa a Consellería de  Sanidade.

A repartición será o seguinte: o centro de saúde Virxe Peregrina con tres prazas; A Parda e Lérez en Pontevedra; Vilaboa; Moraña; Cambados con outras tres prazas; Ribadumia; Marín con dúas prazas; O Grove; Ponte Caldelas; Meaño; Sanxenxo-Baltar e catro prazas no centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

O proceso de selección utilizará o sistema de concurso de méritos coa intención de solucionar o déficit actual de persoal facultativo en Atención Primaria. O número de prazas da OPE repártense en 73 de quenda de acceso libre; 6 para persoas con discapacidade e 27 para promoción interna.

Neste procedemento participarán todos aqueles médicos internos residentes (MIR) que se atopen no último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria. Estas prazas ofrecen un carácter mixto ao combinar a atención sanitaria nos centros de saúde e nos Puntos de Atención Continuada (PAC). Para posibilitar a participación dos MIR que figuran no seu último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, o prazo de acreditación do título da especialidade e dos méritos asociados poderán presentarse ata o último día do prazo de reclamación ante a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de maio e as persoas interesadas deberán presentar o modelo normalizado a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/ OPE). 

As persoas seleccionadas neste proceso deberán acreditar dous anos de permanencia na situación de servizo activo no desenvolvemento das funcións desta categoría. Despois poderán participar, a través de promoción interna, nos procesos de selección fixa para o acceso ás categorías de persoal médico de familia, de urxencias hospitalarias ou persoal médico de hospitalización a domicilio, para as que habilita a mesma titulación de acceso.

Pasado un ano da toma de posesión da praza terán a posibilidade de participar no concurso de traslados aberto e permanente para o acceso a outros destinos da mesma categoría, dentro dos centros dependentes do Sergas.

Con esta convocatoria pública, segundo a Xunta, Galicia convértese na primeira comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora