Tres graneleiros descargan máis de 70.000 toneladas de cereal no Porto de Marín

Pontevedra
28 de xullo 2020

O Porto de Marín vive estes días unha nova e intensa operativa de descarga de graneis agroalimentarios, con máis de 70.000 toneladas de cereal a bordo de tres buques graneleiros, consignados polo Grupo Nogar. Trátase dos mercante Afalina e CL Antwerp que deixan trigo nos peiraos Manuel Leirós e o buque Spring Snow cunha operativa de fariña de soia no Peirao Oeste

Descarga de graneis no Porto de Marín
Descarga de graneis no Porto de Marín / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

O Porto de Marín vive estes días unha nova e intensa operativa de descarga de graneis agroalimentarios, con máis de 70.000 toneladas de cereal a bordo de tres buques graneleiros, consignados polo Grupo Nogar. Trátase dos mercante Afalina e CL Antwerp que deixan trigo nos peiraos Manuel Leirós e o buque Spring Snow cunha operativa de fariña de soia no Peirao Oeste.

Os cereais e pensos que chegan ao porto abastecen as granxas avícolas e gandeiras de Galicia que, á súa vez, son fundamentais na subministración de carne, ovos e demais derivados aos mercados de consumo.

O Porto de Marín dispón ademais dunha importante conexión ferroviaria, o que facilita o tránsito destas mercadorías coa saída diaria de polo menos un tren de cereais.

O dos graneis agroalimentarios é un dos principais tráficos no Porto de Marín, para o que conta con operadores e maquinaria especializada, ademais dunha gran capacidade de almacenamento. É un os tráficos que contan con certificación europea de calidade no porto.