Tres lustros de celebración da Festa do Bolo do Pote en Marín

Marín
18 de febreiro 2018

A Asociación Fentos e Frouma repartía máis de 2.000 racións deste xantar galego durante este domingo 18 en la alameda Rosalía de Castro da vila marinense

Festa do Bolo do Pote, en Marín
Festa do Bolo do Pote, en Marín / Diego Torrado

O "bolo do pote" foi un dos pratos típicos de Galicia. Elaborado con fariña de millo mollada en caldo, acompañaba ao cocido na mesa xunto ao chourizo e a orella. Agora triunfa cada ano en Marín na festa que leva o nome deste produto gastronómico e na que os organizadores se pasan toda a noite traballando. 

Este domingo 18, a Asociación Fentos e Frouma repartiu na Alameda Rosalía de Castro máis de 2.000 racións, entre as 12.00 e as 15.00 horas. A xornada desenvólvese coa organización de xogos tradicionais.

Os encargados de levar a cabo esta festa temen que este décimo quinto aniversario sexa o último. Indican que levan moitos anos de esforzo e queren que outro colectivo recolla a testemuña desta tradición.