Tres persoas feridas, unha de gravidade, nun accidente de tráfico en Covelo

Poio
03 de marzo 2018

A estrada autonómica PO-308, ao seu paso por Poio, rexistrou un novo accidente. O sinistro tivo lugar este venres no Covelo, sobre as as oito da tarde

Accidente de tráfico na PO-308, en Covelo
Accidente de tráfico na PO-308, en Covelo / PontevedraViva

A estrada autonómica PO-308, ao seu paso por Poio, rexistrou un novo accidente. O sinistro tivo lugar este venres no Covelo, sobre as as oito da tarde.

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, nunha colisión frontolateral entre dous turismos.

A agrupación de Protección Civil, que foi a primeira en chegar ao accidente, Emerxencias de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico acudiron ao lugar do accidente, ademáis dos servizos sanitarios.

O sinistro interrompeu a circulación nun dos carrís ata que se despexou a calzada.