Tres prescriptores canadenses enxalzan os viños de Rías Baixas na súa visita á denominación de orixe

Pontevedra
28 de outubro 2014

O Pazo de Mugartegui acolleu este martes a presentación e a primeira das actividades englobadas dentro da misión inversa promovida en colaboración co ICEX e composta por tres prescriptores canadenses que visitan por vez primeira a D.O Rías Baixas

Cata de prescriptores canadienses
Cata de prescriptores canadienses / D.O. Rías Baixas

O Pazo de Mugartegui acolleu este martes a presentación e a primeira das actividades englobadas dentro da misión inversa promovida en colaboración co ICEX e composta por tres prescriptores canadenses que visitan por vez primeira a D.O Rías Baixas.

En concreto os tres xornalistas especializados en viños de diferentes provincias canadenses, Rodd Phillips, Marie-Helene Boisvert e Tim Pawsey, puideron catar un total de 20 viños Rías Baixas, todos eles presentes en mercados exteriores, aínda que non todos en Canadá.

Segundo comentaba a responsable de Wines from Spain en Canadá, Pilar Randolph, todos eles quedaron gratamente sorprendidos coa frescura, as grandes posibilidades de maridaxe e as posibilidades destes viños no mercado canadense, cuxo mercado se concentra principalmente, en Quebec, que concentra o 51% das vendas do viño español neste país, Ontario e Columbia Británica.

Canadá ocupa actualmente o posto número 12 no ranking de países importadores dos viños de Rías Baixas

Todos os participantes nesta misión inversa coincidiron en destacar o grande interese que existe actualmente en Canadá polos viños brancos, e os Rías Baixas encaixan perfectamente cos gustos do consumidor canadense, moi similar ao europeo en canto a buscar viños frescos, limpos e expresivos, perfectos para unha maridaxe con mariscos ou peixes.

Tras finalizar a cata na sede do Consello Regulador, a misión inversa comezou as súas visitas a 8 adegas en tres das subzonas que compoñen a denominación de Origen, Rosal, Condado e Salnés. Ata o xoves estes prescriptores terán así a oportunidade de tomar contacto con adegas que venden xa os seus viños no mercado canadense, coñecendo a viticultura e a terra que dá orixe a estes viños atlánticos, información que trasmitirán posteriormente a través de publicacións como Taste Magazine, Vancouver Courier, Cellier, ou Nuvo Magazine, revista de live style máis importante en Canadá, ademais dos seus blogs persoais.

Canadá ocupa actualmente o posto número 12 no ranking de países importadores dos viños de Rías Baixas, con 77.000 litros exportados en 2013.